InicioMedioambiente e PatrimonioIndignación polo patrocinio da Xunta á caza de arcea na Terra Chá

Indignación polo patrocinio da Xunta á caza de arcea na Terra Chá

O goberno autonómico colabora co tecor Terra Chá no campionato galego de caza de arcea de decembro, e inclúe o selo 'Deporte Galego'

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia aprobou en marzo eliminar a subvención e a presenza de cargos públicos na caza do raposo, mais semella que esta liña de acción non afecta a outros tipos de competicións cinexéticas. Este decembro celebrarase no tecor da Terra Chá o campionato galego de caza de arcea, co patrocinio da Xunta de Galicia e baixo o selo ‘Deporte Galego’.

Esta condición xerou inquedanza nos colectivos a prol dos animais, tanto polo apoio económico coma pola denominación deporte para un evento que cualifican de “pseudocompetición”. Así se pronunciaron Libera! e a Fundación Franz Weber, organizacións que consideran o soporte da Xunta á caza da arcea “lamentable e cruel”.

O campionato comezará o 15 de decembro no tecor Terra Chá, un enorme espazo de caza de 46.000 hectáreas entre os concellos da Pastoriza, Castro e Cospeito. Os animalistas cuestionan o papel das sociedades de cazadores como xestores do medio rural, alegando que en moitas ocasións os animais son repoboados e introducidos de xeito artificial. A arcea é un ave limícola que habita en bosques densos e húmidos, e que pasa o inverno en Galicia, a onde chega dende o centro e o norte de Europa.

As asociacións lamentan que o goberno do Partido Popular empregue a Fundación Deporte Galego como entidade colaboradora para subvencionar a eliminación de seres vivos, práctica que xera contaminación ambiental polo disparo de perdigóns de chumbo que poden envenenar outros animais e contaminar os acuíferos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...