InicioTerra CháVilalbaA feira do capón de Vilalba, pendente da folga do transporte

A feira do capón de Vilalba, pendente da folga do transporte

A ameaza de paro por parte dos transportistas podería poñer en dificultades a cita vilalbesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A feira do capón de Vilalba, que se celebrará o próximo 21 de “forma presencial”, vivirá pendente da “folga do transporte”, convocada para eses días a nivel nacional. A alcaldesa, Elba Veleiro, asegurou que confía “que sexa un éxito”, aínda que recoñece que están “pendentes” de que se resolva este paro que pode ter unha incidencia no evento tendo en conta que moitos exemplares de capóns saen máis aló das fronteiras galegas.

Para a edición deste ano inscribíronse “1.250 exemplares” aínda que sinala que non todos serán levados á propia feira tendo en conta que se están adiantando as mantanzas ante esa “ameaza da folga”. “Esperamos que veña un número importante de exemplares e que sexa unéxito porque hai outras actividades e outros produtos da comarca. Son actividades que van facer unha feira atractiva”, sinalou.

En canto aos prezos, Veleiro detallou que “cada exemplar” de capón de Vilalba “pode venderse entre oitenta e cen euros”. “Hai que darse conta que se trata dun produto exquisito e require dunha dedicación moi intensa”. “É un manxar excepcional para as festas de Nadal”, presumiu. A alcaldesa de Vilalba enxalzou, finalmente, que “se poida retomar a feira presencial, dado que o ano pasado non se puido celebrar pola situación sanitaria” derivada da pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...