InicioLugo e contornaLugoTomé non descarta que o novo voceiro parlamentario do PSdeG saia de...

Tomé non descarta que o novo voceiro parlamentario do PSdeG saia de Lugo

Asegura que "o normal" sería desenvolver o relevo de Gonzalo Caballero a finais do mes de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, sinalou que “o normal” é que o PSdeG designe ao novo portavoz parlamentario para relevar a Gonzalo Caballero unha vez se reinicie o período de sesións no mes de xaneiro tras o período das festas do Nadal. Así se pronunciou en declaracións aos medios tras a presentación do piloto Eduardo Iglesias, co que colabora a deputación para o rally Dakar, onde precisou que “a executiva galega analizará a situación do grupo parlamentario e o normal é que designe un novo portavoz”.

“O secretario xeral (Valentín González Formoso) dixo que non había ningunha présa, que o fará efectivo a partir de cando se empecen a retomar os plenos (no parlamento de Galicia), que será a finais de xaneiro. O normal será facelo nese momento, no novo período de sesións”, subliñou.

O presidente provincial escusou a súa ausencia na reunión da nova executiva do PSdeG, que celebra este martes en Santiago o seu primeiro encontro tras o proceso de renovación interno no que Formoso se impuxo ao secretario xeral do últimos catro anos, Gonzalo Caballero. E é que o tamén alcalde de Monforte se despraza na tarde deste martes a León, onde participará na reunión da Rede de Xudarías de España, á que pertence o seu municipio.

“Eu espero que a provincia de Lugo teña na dirección do grupo parlamentario unha presenza importante”, sinalou Tomei, que non quixo pronunciarse sobre a posibilidade de que o deputado Luís Álvarez asuma a portavocía. “Todos os compañeiros e compañeiras son válidos. Na provincia de Lugo temos máis dun que podería valer. En todo caso, eu estou convencido que a provincia de Lugo vai estar presente na dirección do grupo e logo corresponde ao secretario xeral decidir quen é ese portavoz”; indicou.

Finalmente, sobre a figura de José Ramón Gómez Besteiro, o presidente da Deputación valorou que “Besteiro é unha persoa que levantou ilusión desde que se dedicou á política, primeiro como concelleiro e logo cando foi presidente da Deputación e secretario xeral (do PSdeG)”.

“É unha persoa que está aí, a disposición do partido. Lamentablemente houbo quen lle quixo segar unha carreira política brillante, pero iso non quere dicir que non poida ser útil ao partido no futuro. Agora non estamos niso, agora mesmo estamos en que acaba de haber un congreso onde hai un novo secretario xeral, unha nova dirección, un novo equipo que vai levar ao partido a cotas altas para recuperar a Xunta de Galicia”, sentenciou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Un condutor borracho e drogado foxe tras ter un accidente e choca contra seis coches aparcados na rúa das Fontes

Un condutor ebrio foi interceptado pola Policía Local tras fuxir dun accidente e chocar contra seis...

O PP pide ao Goberno que “amplíe prazos e orzamentos” para a rehabilitación dos barrios da Milagrosa e Feijóo con fondos europeos

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e a deputada lucense no...

Detida unha muller por violencia doméstica ao agredir ao seu home e a outra muller

Unha muller foi detida en Lugo acusada dun delito no ámbito familiar e de lesións por...

Detidos tres veciños de Vilalba acusados de vender pezas de coches por Internet e non remitilas aos seus compradores

A Garda Civil detivo a tres veciños do municipio lucense de Vilalba acusados de vender pezas...