InicioSucesosDetido un home acusado de suplantación de identidade para comprar venhículos

Detido un home acusado de suplantación de identidade para comprar venhículos

A Policía Nacional mantén abertas as investigacións e xa foi identificada unha segunda persoa implicada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo iniciaron unha investigación tras recibiren recentemente unha denuncia dun cidadán, ao que lle constaban tres titularidades de vehículos ao seu nome sen realizar ningunha delas, supostamente utilizando os seus datos persoais de xeito fraudulento para as transferencias destes.

A situación saíu á luz despois de que este varón recibise no seu domicilio unha notificación de multa procedente de Francia correspondente a un dos vehículos.

Tras detectar esta situación, este home acudiu á Xefatura Provincial de Tráfico, na que constatou que efectivamente había unha serie de vehículos ao seu nome, en concreto tres, e que así mesmo foran achegados supostamente mediante unha operación irregular os contratos de compravenda, transferencias e demais copias do seu documento de identidade para ditos trámites.

Ademais, o prexudicado comprobou nun buscador de Internet que un dos vehículos aparecía anunciado para a súa venda nunha páxina especializada en compravenda de automóbiles.

Tras as xestións policiais oportunas, e en colaboración coa Policía Nacional de Tarragona, os axentes constataron que había dúas asesorías como nexo para os trámites, ambas con sede en Cataluña, e averiguaron a identidade do suposto suplantador e falsificador documental, tras o que foi localizado e detido.

As investigacións seguen abertas e foi identificada unha segunda persoa implicada.

A Policía Nacional lembra a importancia de non enviar os nosos documentos a menos que sexa necesario, e recomenda utilizar unha marca de auga neles para evitar o seu uso fraudulento, así como, na medida en que sexa accesible para os trámites, o uso da aplicación MiDNI: https://www.midni.gob.es, para compartir os nosos datos de forma nesgada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...