InicioSucesosUnha persoa queda inconsciente tras unha fuga de gas na súa vivenda

Unha persoa queda inconsciente tras unha fuga de gas na súa vivenda

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser trasladada tras quedar inconsciente ao producirse unha fuga de gas dunha estufa na súa vivenda situada na rúa Irmáns Carro, en Lugo.

Segundo informou o 112 Galicia, a central de emerxencias tivo coñecemento dos feitos a través dos servizos sanitarios pouco despois das 15.30 horas.

Ao recibir a información, os operadores do 112 deron aviso aos Bombeiros de Lugo, á Policía Nacional e á Local, así como á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os bombeiros indicaron que había unha fuga que proviña dunha estufa de gas que se atopaba acendida. Tras apagala e ventilar a estancia, as medicións deron negativas.

Mentres, a persoa que se atopaba na vivenda inconsciente foi trasladada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...