InicioSucesosO pai da nena Desirée contra o mozo da asasina: "Ven mentir...

O pai da nena Desirée contra o mozo da asasina: “Ven mentir como fixo no xuízo”

Nega ameazas ao noivo da asasina e atribúe a denuncia á "maldade humana".

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Manuel Leal, pai da nena Desirée, asasinada en 2019 en Muimenta, negou este martes “tallantemente” as ameazas das que lle acusa o mozode Ana Sandamil, nai da nena condenada polo crime, á vez que atribuíu a denuncia á “maldade humana”.

Leal tivo que comparecer este martes nos xulgados de Lugo para prestar declaración en relación a un suposto delito de ameazas do que lle acusa a parella de Sandamil, unha acusación á que restou importancia dado que “vén do mozo da asasina”. “Polo que sei seguen sendo parella a pesar do brutal feito que cometeu, que foi asasinar á súa propia filla”, dixo.

Ana Sandamil foi condenada a prisión permanente revisable pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo polo asasinato da súa filla Desirée, de só 7 anos, un crime ocorrido en maio de 2019 na casa materna en Muimenta, no municipio lucense de Cospeito.

Do denunciante, Leal lembrou que no xuízo contra Sandamil, en febreiro, “foi testificar a favor dela” e que, nesta ocasión, vai declarar tamén “unha amiga íntima da asasina que foi mentir ao xuízo e unha amiga da nai da asasina”. “Van declarar en contra miña, e no seu día declararon a favor da asasina. Esta xente foi a mentir ao xuízo e, se mentiron no xuízo van mentir nisto”, dixo José Manuel Leal.

Tras a suspensión o pasado luns da vista ante o TSXG para a resolución do recurso presentado por Sandamil á súa condena, José Manuel Leal confirmou que “de momento non hai data”, pero espera que, finalmente, teña lugar “sobre setembro ou outubro”.

+ posts

ÚLTIMAS

Restrinxida a circulación nunha estrada de Cervantes por unha gran focha

Unha focha rexistrada na estrada LU-P-1402, que une San Martiño da Ribeira con Vilaquinte...

O BNG pedirá recursos para a reparación da muralla de Lugo e reclama que se cumpra co Plan Director

Os edís nacionalistas no Concello de Lugo, encabezados polo tenente de...

Lugo Monumental pide ao Concello corrixir o estado de “abandono” da zona histórica

A asociación Lugo Monumental considera preocupante que en dous meses e medio o Concello...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...