InicioSucesosDetidos en Rábade tras roubar 40.000 euros en material dunha nave

Detidos en Rábade tras roubar 40.000 euros en material dunha nave

A Garda Civil investiga tamén outras dúas persoas pola subtracción de varias xanelas de aluminio en Castro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron dous veciños de Lugo, de 38 e 46 anos de idade, como presuntos autores dun delito continuado de furto e outro de falsificación de documento mercantil. Segundo informaron fontes da Benemérita, os feitos ocorreron no termo municipal de Rábade, onde os detidos accederon ao interior dunha nave industrial con roupa e un vehículo simulando ser traballadores de repartición dunha empresa de paquetería.

Unha vez no interior, subtraeron material metálico valorado en 40.000 euros que, posteriormente, foi vendido en establecementos especializados de Lugo. Para facer esas vendas, os sospeitosos utilizaron identidades falsas co fin de eludir a acción policial. Os dous detidos xa foron postos a disposición do xulgado de instrución.

OUTRAS INVESTIGACIÓNS

Por outra banda, a Garda Civil informou da investigación doutros dous veciños de Lugo, de 20 e 43 anos de idade, como supostos autores dun delito de furto. Así, o Instituto Armado vincúlaos coa subtracción de varias xanelas de aluminio no termo municipal de Castro de Rei.

Do mesmo xeito, tamén é investigado un veciño de Mosteiro, de 57 anos de idade, como presunto autor dun roubo con forza, pola subtracción dunha motosierra e un xogo de chaves do interior dunha vivenda no municipio de Pol, á que accedeu mediante o método do escalo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...