InicioPolíticaTomé, convocado por "erro" á xunta de portavoces provincial para asinar a...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A presenza do expresidente provincial na convocatoria para asinar a declaración institucional do 25N provocou o rexeitamento dos populares, que cuestionan a súa participación mentres continúa investigado por presunto acoso sexual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desatou unha nova polémica entre o goberno e a oposición da Deputación de Lugo, pola presenza de José Tomé na Xunta de Voceiros convocada para abordar e asinar o documento. Os populares consideraron “unha tomadura de pelo” e “un insulto ás mulleres” que o expresidente provincial figurase na convocatoria e estivese sentado na mesa durante a reunión, “tendo en conta a investigación xudicial aberta contra el tras as denuncias de varias mulleres por presunto acoso sexual”.

Desde o PP cualificaron de “incoherente” que unha persoa investigada por uns feitos relacionados presuntamente co ofrecemento de postos de traballo a cambio de favores sexuais participase na sinatura dun documento institucional de condena da violencia machista. Por este motivo, os representantes populares negáronse inicialmente a entrar na sala e a participar na sinatura mentres Tomé permanecese nela.

Finalmente, os populares accederon a participar unha vez que Tomé abandonou a sala e asinouse o documento. Pola súa banda, o Executivo provincial nega que a presenza de Tomé na convocatoria respondese a unha decisión política e atribúe o sucedido a un fallo administrativo na elaboración da comunicación da reunión. Aclararon tamén que a súa inclusión na convocatoria respondeu a un “erro administrativo”, xa que non forma parte da Xunta de Voceiros. Segundo explicaron, este erro xa lle foi aclarado nese mesmo momento a Antonio Ameijide.

O portavoz provincial acusou tamén o PSOE e o BNG de intentar favorecer unha operación de rehabilitación política da imaxe de Tomé e criticou que, ao seu xuízo, se estea intentando normalizar a súa presenza na actividade política provincial mentres continúa aberta a investigación xudicial. Puxo como exemplo o seu nomeamento á fronte do Eixo Atlántico ou a súa presenza nos actos electorais xunto ao PSOE.

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...