InicioSucesosMultado con mil euros o condutor dun patinete eléctrico que triplicou a...

Multado con mil euros o condutor dun patinete eléctrico que triplicou a taxa de alcoholemia en Lugo

Aconteceu por unha zona de peonil na rúa Conde Pallares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou o condutor dun patinete eléctrico sorprendido cando circulaba por unha zona peonil e que triplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida, polo que foi sancionado con mil euros de multa.

Segundo informou a Policía Local, de madrugada este pasado fin de semana unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou a condución dun patinete eléctrico por unha zona de peonil na rúa Conde Pallares.

Os policías observaron que o condutor se atopaba baixo os efectos de bebidas alcohólicas. En concreto, obtivo positivo de 0,90 mg/l –máis do triplo da taxa máxima permitidas–, polo que se lle instruíu expediente sancionador e multado con mil euros.

Por outra banda, na praza Fonte do Rei unha patrulla municipal parou un vehículo que circulaba de forma irregular, indica a Policía Local, e comprobou que o condutor carecía do permiso por resolución xudicial. Por iso, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e o vehículo foi inmobilizado.

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...