InicioSucesosMulta con 500 euros por conducir ebrio un patinete eléctrico en Lugo

Multa con 500 euros por conducir ebrio un patinete eléctrico en Lugo

A Policía Local tamén interceptou e denunciou dous condutores que obtiveron resultado positivo na proba de alcoholemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou o condutor dun patinete eléctrico en estado de embriaguez que superou a taxa máxima de alcoholemia permitida, polo que foi sancionado con 500 euros. Segundo detallou a Policía Local, ás 2,45 horas deste xoves foi detectada a circulación dun patinete eléctrico pola rúa Bispo Basulto, cuxo condutor “presenta signos de embriaguez”.

Por iso, foi sometido ás probas de alcoholemia nas que obtivo resultado positivo de 0,48 mg/l, o que leva unha sanción de 500 euros, puntualizaron as mesmas fontes municipais.

Ademais, segundo informou a Policía Local, interceptou e denunciou dous condutores que na madrugada deste 23 de setembro obtiveron resultado positivo na proba de alcoholemia e superaron a taxa máxima obtida. Durante a madrugada do 23 de setembro efectivos do Grupo Operativo Nocturno estableceron diversos controis de alcoholemia en vías do centro urbano da cidade de Lugo.

O primeiro condutor interceptado con positivo obtivo 0,47 mg/l no primeiro test e o segundo 0,33 mg/l, polo que se abriron expedientes sanacionadores con multas de 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de condución.

VEHÍCULOS

Así mesmo, no transcurso destes controis detectouse a circulación dun turismo sobre o que pesaba unha orde de procura, captura e depósito por embargo, polo que foi trasladado ao depósito municipal, onde quedou precintado.

Ademais, sobre as 20,00 horas do 22 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detectou na rúa Camiño de Friás, no medio de vexetación, unha motocicleta que se comprobou nas bases policiais que era subtraída. Por iso, contactouse co seu propietario, para informalo do achado e facerlle entrega da motocicleta momentos despois.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...