InicioSucesosLugo multiplica por catro o número de mortos en xuño con respecto...

Lugo multiplica por catro o número de mortos en xuño con respecto ao 2020

Houbo catro falecidos o pasado mes, fronte a tan só un do pasado ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sinistralidade viaria aumentou en Galicia tras pechar xuño con 15 mortos en 13 accidentes de tráfico, que supoñen 12 vítimas máis que os tres rexistradas no mesmo mes de 2020 en tres sinistros.

Así se desprende dos datos facilitados este luns pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) relativos aos accidentes ocorridos en vías interurbanas de Galicia en xuño de 2021. Por provincias, o maior aumento corresponde á de Pontevedra, que contabilizou oito falecidos en seis accidentes en xuño de 2021, fronte a unha vítima nun sinistro no mesmo mes de 2020, o que supón un incremento do 700%.

Séguelle a de Lugo, con catro mortos en catro accidentes, fronte a unha vítima no mesmo mes de 2020, un 300% máis; e na da Coruña soben a dúas as vítimas en dous accidentes, mentres que en mesmo período do ano pasado non houbo sinistros mortais. E a de Ourense terminou xuño cunha persoa falecida nun accidente de tráfico, sen cambios con respecto ao mesmo mes do ano pasado 2020.

Dos sinistros mortais, sete foron colisións; catro, saídas de vía; un atropelo e un envorco, segundo o balance facilitado pola Dirección Xeral de Tráfico. En canto ás idades das vítimas, cinco tiñan entre 45 e 54 anos; tres, entre 15 e 24; e outro tres, entre 55 e 64 anos; mentres que dous situábanse entre os 35 e 44 anos e outras dúas eran maiores de 65 anos.

SEIS MESES

Entre xaneiro e xuño de 2021 faleceron 40 persoas en 36 accidentes de tráfico, fronte ás 21 vítimas en 20 sinistros rexistradas no primeiro semestre de 2020, que implica un incremento do 90,5% dos falecidos e dun 80% dos incidentes na rede viaria.

Por provincias, as da Coruña e Pontevedra concentraron cada unha 15 falecidos, que supoñen un aumento do 87,5 e do 200 por cento, respectivamente, ao pechar o primeiro semestre de 2020 con oito vítimas na primeira e cinco na segunda.

Pola súa banda, a provincia de Lugo rexistrou entre xaneiro e xuño de 2021 seis mortos en accidentes de tráfico, un 20% máis que as cinco vítimas do ano anterior; mentres que a de Ourense contabilizou catro falecidos, un máis (33,3%).

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...