InicioSucesosSorprendidos cando tentaban roubar unha báscula para camións en Becerreá

Sorprendidos cando tentaban roubar unha báscula para camións en Becerreá

Os supostos ladróns axudábanse dun guindastre para cargar o material logo de cortalo cun soplete.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Garda Civil sorprenderon a dous veciños de León, de 68 e 66 anos, cando tentaban roubar supostamente unha báscula para camións nas instalacións dunha empresa situada no municipio de Becerreá.

Segundo informou a Garda Civil, os axentes sorprenderon as supostos ladróns cando trataban de cortar a báscula -valorada polo seu propietario en 18.000 euros- cun soplete, que logo pretendían cargar con axuda dunha camión-guindastre.

Os gardas interviñeron os seus vehículos e os útiles que supostamente empregaron para perpetrar o delito: un soplete, luvas, prismáticos, unha pata de cabra, coitelos, unha caixa de ferramentas e os aparellos que usaban para comunicarse.

Ambos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Becerreá.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...