InicioSucesosDetido un mozo en Lugo e desarticulado un punto de venda de...

Detido un mozo en Lugo e desarticulado un punto de venda de marihuana con máis de 200 doses

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados dos delitos relacionados coa saúde pública, detiveron a un home reincidente veciño da cidade de 25 anos, por un delito de tráfico de drogas. Con este arresto considérase desarticulado un punto de venda de marihuana.

Segundo informou a Policía Nacional, a investigación iniciouse polas queixas veciñais da parte alta da Avenida da Coruña, que puxeron en coñecemento do delegado de Participación Cidadá “o continuo deambular de persoas na zona que non pertencen ao barrio e cuxas estancias son esporádicas e rápidas”.

Con iso púxose en marcha unha investigación para determinar o alcance da gravidade dos feitos postos en coñecemento da Comisaría Provincial. “En base aos mesmos determínase que efectivamente se trata dun punto de venda de drogas“, subliña a Policía.

E deste xeito constátase “que a persoa que está a realizar as vendas polo miúdo é un home que xa fora detido no ano 2014 e investigado noutras dúas operacións en 2018 e 2019″. Por iso, a Policía determina realizar “unha investigación exhaustiva da posible venda de sustancias estupefacientes”, da cal se confirma que o agora detido dedícase á venda de marihuana a pequena escala.

DOSE E DIÑEIRO

Así, o pasado venres este mozo foi detido polos funcionarios que investigaban o caso e interviñeron varias doses de marihuana e 250 euros en moeda fraccionada proveniente da venda das papelinas.

Por iso solicitouse a entrada e rexistro do seu domicilio, na cal se atopraon outros 200 euros, 14 dose de cocaína e 227 de marihuana. Unha vez tomada declaración nas dependencias da Policía Nacional púxose todo iso en coñecemento do xulgado pertinente, ao que se lle remitiu o actuado. O mozo quedou en liberdade á espera de xuízo.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...