InicioLugo e contornaLugoCandia e Paula Prado participan no Domingo das Mozas en Lugo coa...

Candia e Paula Prado participan no Domingo das Mozas en Lugo coa vestimenta tradicional

"O noso patrimonio cultural ten unha enorme riqueza e forma parte da nosa identidade como galegos e galegas, e así debemos transmitirllo ás futuras xeracións", subliñou a rexedora local, Elena Candia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo celebrou o Domingo das Mozas, unha das grandes xornadas das festas de San Froilán, nas que participaron a alcaldesa, Elena Candia, e a secretaria xeral do PPdeP, Paula Prado, equipadas coa vestimenta tradicional.

Tal e como trasladou o Goberno local en nota de prensa, Candia encabezou xunto a Prado e concelleiros da corporación municipal o desfile de traxes tradicionais galegos, no que participaron integrantes de varias asociacións culturais, lucindo pezas representativas de diferentes comarcas galegas.

“O noso patrimonio cultural ten unha enorme riqueza e forma parte da nosa identidade como galegos e galegas, e así debemos transmitirllo ás futuras xeracións”, subliñou a rexedora local. Ademais, agradeceu ás asociacións participantes que compartisen esta riqueza coa cidadanía e permitisen gozar de traxes tradicionais “coidados con tanto mimo”.

Durante a exhibición de vestimenta, a presidenta do Grupo Etnográfico Traxandaina, Teresa Astorgano, explicou que o Camiño Primitivo e as demais rutas xacobeas tamén deixaron a súa pegada na vestimenta tradicional galega, xa que o paso dos peregrinos trouxo “novas influencias, tecidos e bordados que enriqueceron os traxes”.

No desfile participaron a Asociación do Camiño Primitivo de Baleira, a Asociación Cultural Peleriños de Sarria, Airiños de Orbazai, Amigos do Camiño e o Grupo Etnográfico Traxandaina. Na Praza Maior tivo lugar unha exhibición dos traxes, tras a cal comezou o desfile ata o parque Rosalía de Castro, onde se celebrou a tradicional ofrenda floral ante a figura da escritora.

Neste contexto, Paula Prado puxo en valor o traxe tradicional galego e a lingua como “símbolos do rico patrimonio cultural” dos galegos, a través de actos como este Domingo dás Mozas.

Así mesmo, o número dous dos populares reivindicou as “raíces” e a lingua como “patrimonio de todos os galegos”, lembrando o gran pacto social alcanzado para actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...