InicioSociedadeOs casos activos en Lugo sitúanse en 203, cen menos ca hai...

Os casos activos en Lugo sitúanse en 203, cen menos ca hai unha semana

Segundo datos do Sergas, hai 19 persoas ingresadas con coronavirus en planta e outras seis nas Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 15 de marzo un total de 203 casos activos por coronavirus1 menos ca os contabilizados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 9 novos positivos, un dato bastante similar ao da xornada anterior, cando se detectaron unha ducia de contaxios a través de PCR.

A situación nos hospitais tampouco variou moito: o Sergas conta 25 persoas ingresadas na provincia (+1). Delas, 19 están en planta (12 no Hula, 2 na Mariña, 4 en Monforte e 1 no Polusa) e outras 6 nas unidades de críticos do Hula.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 210 doentes diagnosticados con coronavirus en Lugo, curáronse 11.462 persoas e realizáronse 196.587 PCR

GALICIA

No conxunto galego volveuse producir unha repunta no número de hospitalizacións por Covid-19. En total, hai 325 ingresadas (+5), aínda que si que diminuíron os pacientes en UCI (74, un menos). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...