InicioSucesosDous mozos fugados do Centro de Menores de Rábade vagaban por Lugo...

Dous mozos fugados do Centro de Menores de Rábade vagaban por Lugo de madrugada

Axentes da Policía Local localizáronos nas inmediacións da Praza da Constitución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo localizaron de madrugada, mentres transitaban por unha praza da cidade a dous rapaces que fuxiron do Centro de Menores de Rábade, onde ambos estaban ingresados.

Sucedeu a iso das 02:00 horas, na Praza da Constitución de Lugo, cando unha patrulla da Policía Local viu dous mozos que ían camiñando pola vía pública. Ao ser identificados polos axentes, estes comprobaron que eran menores de idade e que ambos fuxiran do centro tutelado no que estaban internados .

Por iso, foron conducidos a dependencias da Policía Autonómica, onde se fixeron cargo deles. Ambos foron denunciados por infrinxir a Lei de Saúde de Galicia, dado que estaban na vía pública sen xustificación pasado o toque de queda, fixado para as 22:00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...