InicioSucesosDetido en Lugo un ladrón que forzaba coches cunha barra de ferro

Detido en Lugo un ladrón que forzaba coches cunha barra de ferro

Unha veciña da cidade foi quen chamou á Policía para alertar dos feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron un suposto ladrón que utilizaba unha barra de ferro para forzar coches estacionados nas rúas de Lugo e así roubar os obxectos de valor que había no seu interior.

A detención do sospeitoso, un home de 44 anos de idade, foi posible grazas á colaboración cidadá, dado que unha veciña da rúa Isaac Díaz Pardo, chamou a última hora da tarde do sábado 6 de febreiro para avisar á Policía de que estaba a ver a un home cunha barra de ferro que ía “tentando” as fechaduras dos coches aparcados nesa vía.

Inmediatamente, as patrullas de servizo trasladáronse ao lugar indicado e os axentes localizaron ao sospeitoso agochado tras un dos coches aparcados nesa rúa. Xunto a el estaba a barra de ferro e, ao cachealo, tamén lle atoparon unhas luvas e unha lanterna, ademais de diversos obxectos sacados dos coches que forzara.

Os coches presentaban danos nas portas e o seu interior estaba “totalmente revolto”, segundo informou a propia Policía Nacional.

O detido foi posto ao dispor da autoridade xudicial, aínda que quedou en liberdade tras prestar declaración, á espera de xuízo

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...