InicioSucesosIdentificado por causar danos nun edificio de Lugo ao baleirar un extintor...

Identificado por causar danos nun edificio de Lugo ao baleirar un extintor “por facer a graza”

O mozo estaba bébedo, supostamente, por ter participado nunha festa privada no inmoble da rúa Rei Don García.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo identificaron un mozo de 20 anos de idade como suposto autor dun delito de danos no interior dun edificio na rúa Rei Don García. É sospeitoso de baleirar o contido dun extintor nas zonas comúns do inmoble, supostamente en estado de embriaguez, despois de participar nunha festa privada nun dos pisos.

Axentes da Policía Local de Lugo presentáronse no edificio tras ser alertados polos veciños e comprobaron os danos provocados nas zonas comúns do edificio e no ascensor, ademais de atopar no chan envoltorios de packs de bebidas alcohólicas.

As pescudas dos axentes leváronos a dar cunha testemuña do ocorrido, quen lles explicou que o mozo, aparentemente bébedo, baleirara o contido do extintor “para facer graza”.

A Policía Local informou de que, unha vez que a comunidade de veciños presente denuncia, remitiráselle a Xulgado de Garda a intervención policial.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...