Home Economía Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

0
Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia na celebración dunhas xornadas formativas que terán lugar o vindeiro xoves, 15 de outubro, sobre os retos que achega o cambio climático ás granxas.

O deputado de Medio Rural, Daniel Gardía, explicou que “é necesario axudar ás ganderías a adaptarse a crise climática que traerá episodios de seca cada vez máis frecuentes e periodos máis prolongados de calor. Isto reduce o rendemento das plantacións destinadas a forraxe, obrigando a mercar máis cantidades, o que merma as marxes debeneficios”. Remarcou, ademais que “as institucións temos que tomar a iniciativa e crear estratexias estables de innovación no sector primario, e non actuar, unicamente, en situacións de emerxencia, sostendo así a viabilidade das explotacións”.

A xornada contará con dúas ponencias: a primeira centrarase en cultivos alternativos para a alimentación animal, que se adapten mellor a nova situación climática, mentres que a segunda terá como eixo a necesidade de manter as explitacións actualizadas.

Programa e inscripcións

As xornadas terán carácter gratuíto e será precisa a inscripción previa, que poderá formalizarse a través do correo electrónico aplegalicia@gmail.com ou no teléfono 698956453. Terán preferencia as explotacións ecolóxicas asociadas e completarase por orde de inscrición. Terán lugar no local da consultoría Agronovo Ecoloxía, no Camiño Real 72-74, entrechán.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here