InicioSociedadeA pandemia avanza agora a un menor ritmo na área de Lugo,...

A pandemia avanza agora a un menor ritmo na área de Lugo, malia manter cifras altas

A provincia rexistra 1.978 casos activos (+24) e nas últimas 24 horas confirmáronse 130 positivos novos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo vai achegándose cada vez máis aos 2.000 casos activos de coronavirus, se ben o ritmo é agora máis lento. Neste xoves 28 de xaneiro, o Sergas refire 1.978 positivos activos (24 máis ca onte). Nas últimas 24 horas, as probas PCR confirmaron 130 casos novos, unha cifra bastante menor á de onte, cando se rexistrou un pico con 184 contaxios detectados.

Nos hospitais a situación parece manterse estable con 72 ingresos (só un menos). 57 deles están en planta e 15 nas Unidades de Coidados Intensivos. Destes últimos, están todos no HULA agás un paciente que está a ser atendido na UCI de Burela. Ademais, o Hospital Universitario Lucus Augusti atende 33 pacientes en unidades de hospitalización (+4); o da Mariña, 13 (-4); o de Monforte, 10 (-1); e o Polusa, 1 (=).

Nas últimas 24 horas realizáronse 1.518 probas PCR, do total de 154.202 que se efectuaron dende o inicio da pandemia. Os datos históricos tamén revelan que se curaron 7.665 persoas e que, ata o momento, faleceron 163 persoas que foran diagnosticadas con Covid-19.

GALICIA

No conxunto galego, case se alcanzan os 200 pacientes na UCI tras o máximo acadado onte. Os contaxios baixaron, pero mantéñense nos 1.468. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...