InicioLugo e contornaLugoAs luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O Concello anima á cidadanía a utilizar o transporte público para os seus desprazamentos durante o San Froilán, especialmente nas xornadas nas que a circulación poderá verse condicionada polos cortes de tráfico.

PUBLICADA O

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás 20:30 horas, dous días antes do inicio oficial das festas, co obxectivo de comezar a ambientar a cidade con motivo destas celebracións.

- Advertisement -
O alumeado decorativo contará este ano cun total de 250 elementos luminosos, que incorporarán aproximadamente 830.898 microleds.
O polbo, un dos reclamos do San Froilán e estreitamente vinculado á súa vertente gastronómica, terá este ano unha presenza destacada no alumeado decorativo das festas. Na Mosquera instalarase un rótulo de chan en tres dimensións co texto «San Froilán», acompañado dunha figura dun polbo. O mesmo motivo estará presente tamén na fachada do Concello, onde se instalará un rótulo co texto «San Froilán» e un deseño inspirado igualmente no polbo, neste caso desenvolvido en dúas dimensións.

 

Unha gran portada con paneis luminosos programables

O alumeado decorativo estará composto por 250 elementos luminosos, entre os que se inclúen as tradicionais arcadas que forman parte da decoración do San Froilán.

Como novidade desta edición, incorporarase tamén un elemento de gran porte tipo portada, á entrada do recinto equipado con paneis luminosos programables. Estes paneis permitirán mostrar diferentes composicións luminosas e ofrecerá información dos concertos e actividades das festas.

 

Novos materiais e impresión 3D

O alumeado deste ano incorpora tamén novidades nos procesos de fabricación, coa introdución de estruturas realizadas mediante material plástico reciclado.
Ademais, estes elementos poden fabricarse en diferentes cores e acabados, polo que a súa función decorativa non se limita ás horas nocturnas. Durante o día, as propias estruturas, as súas formas e as súas cores contribúen á ambientación festiva das rúas, mentres que pola noite se integran coa iluminación.

O Concello reforza o servizo de autobús urbano durante o San Froilán para facilitar os desprazamentos

O Concello reforzará o servizo de transporte urbano con motivo do San Froilán, co obxectivo de facilitar os desprazamentos da veciñanza durante as festas.

O reforzo estará operativo os días 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de outubro, con ampliación dos horarios de varias liñas do transporte urbano. As liñas 1.2, 1.4, 9/12 e 10/13 prolongarán os seus servizos ata aproximadamente as 3:00 horas da madrugada, segundo o percorrido.

No caso dos días 5 e 12 de outubro, festivos, o servizo prolongarase ata a 1:00 horas do día seguinte, facilitando así os desprazamentos ao remate das actividades programadas durante esas xornadas.

Durante estas xornadas tamén se establecerán desvíos e paradas provisionais nas liñas afectadas polos cortes de tráfico previstos con motivo das festas.

O Concello anima á cidadanía a utilizar o transporte público para os seus desprazamentos durante o San Froilán, especialmente nas xornadas nas que a circulación poderá verse condicionada polos cortes de tráfico.

Toda a información sobre horarios, percorridos, desvíos e paradas provisionais pode consultarse no decreto que se adxunta

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...