InicioSucesosDenunciada por participar nunha festa de madrugada con persoas non conviventes

Denunciada por participar nunha festa de madrugada con persoas non conviventes

Veciños do edificio queixáronse do ruído que proviña do interior do piso a iso das 2:00 da noite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Policía Local de Lugo denunciou unha persoa que estaba a participar nunha celebración nun piso da cidade, onde tiveron que acudir os axentes de madrugada por mor de ruídos que molestaban aos demais veciños, ao comprobar que non convivía coas demais persoas presentes no domicilio.

A intervención policial produciuse cando faltaban poucos minutos para as 2:00 horas da pasada madrugada, como consecuencia da denuncia formulada por veciños dun inmoble da Avenida da Coruña que non podían descansar por mor dos ruídos que proviñan dun dos pisos do edificio.

Ao chegar, os axentes escoitaron música cun volume demasiado elevado e persoas que falaban en ton moi alto. Así pois, identificaron o responsable, quen dixo estar de celebración con outras persoas conviventes, ademais de argumentar que non era consciente das molestias que lles estaban provocando aos demais veciños do inmoble.

Con todo, ao identificar as demais persoas que estaban dentro do domicilio, os policías comprobaron que unha delas non era convivente, de modo que foi denunciada por incumprir as medidas contra a covid-19, cunha proposta de sanción de 500 euros por infrinxir a Lei de Saúde de Galicia.

Ademais, os axentes levantaron unha acta de denuncia por infracción da Ordenanza de Protección Ambiental.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...