Home Terra Chá A Pastoriza Unha persoa foi evacuada ao HULA tras unha saída de vía na Pastoriza

Unha persoa foi evacuada ao HULA tras unha saída de vía na Pastoriza

0
Unha persoa foi evacuada ao HULA tras unha saída de vía na Pastoriza
Ambulancias de Soporte Vital Básico | 061

EFE | Unha persoa resultou ferida esta mañá por un accidente de circulación na Pastoriza. Unha saída de vía propiciou o suceso.

Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 11:00 horas, cando un vehículo que circulaba pola estrada LU-122 se botou da vía. O accidente produciuse á altura do punto kilómetrico 3, na parroquia de Crecente.

Tras recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, a vítima foi evacuada por unha ambulancia de Soporte Vital Básico ao HULA. O 112 tamén mobilizou aos Bombeiros de Vilalba, ao GES da Pontenova e á Garda Civil de Tráfico.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here