InicioSucesosDetidos dous homes por vender pastillas de Trankimazin no centro de Lugo

Detidos dous homes por vender pastillas de Trankimazin no centro de Lugo

Utilizaban a varios mozos para distribuír o medicamento a cambio de parte do botín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous homes de Lugo, de 56 e 62 anos de idade respectivamente, foron detidos pola Policía Nacional como autores dun delito de saúde pública ao vender pastillas de Trankimazín no centro da cidade. 

Segundo o corpo de seguridade, os dous detidos utilizaban a mozos para a distribución deste medicamento, que portaban en pequenas cantidades. Logo diso, vendíanas por Lugo a un prezo de catro ou cinco euros por unidade. Os mozos cómplices recibían a cambio parte do botín ou incluso teléfonos móbiles, como foi o caso dun deles.

Os feitos ocorreron a semana pasada tras varios dispositivos de desarticulación de puntos de venda de drogas e logo de persistir as queixas veciñais. Despois da pertinente investigación, con longas vixilancias e un innumerable número de declaracións e testemuñas, púidose determinar a autoría do feito e a imputación do delito aos agora detidos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...