Home Lugo e contorna Lugo Denunciado por levar unha máscara con dous buracos para respirar mellor

Denunciado por levar unha máscara con dous buracos para respirar mellor

0
Denunciado por levar unha máscara con dous buracos para respirar mellor
Efectivos da Policía Local / CLM24

EFE.- Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron un veciño da cidade que levaba unha máscara con dous buracos, supostamente para respirar mellor.

Sucedeu nun establecemento de hostalería da Rúa Camiño Real, cando os axentes se achegaron a un cliente para pedirlle que colocara ben a máscara, dado que a levaba á altura do queixo.

Cando o home fixo o que lle pedían os axentes, estes comprobaron que a máscara tiña dous buracos a ambos os dous lados, polo que era “totalmente inservible” a efectos de protección fronte ao coronavirus. O home foi denunciado por infrinxir a Lei de Saúde de Galicia.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here