A colisión dun camión e dúas furgonetas sáldase cunha persoa ferida na A-6 en Outeiro de Rei

EFE | Accidente na A-6 no que perdeu a vida o veciño de Lugo, condutor dun dos camións implicados
Accidente na A-6 cun dos camións implicados / GC

A colisión dun camión e dúas furgonetas rexistrada na mañá deste luns na autovía A-6 ao seu paso polo termo municipal de Outeiro de Rei  saldouse cunha persoa ferida.

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 9,00 horas deste luns no quilómetro 505 da A-6 ao seu paso por Outeiro de Rei. Debido a esta colisión viuse condicionada a circulación na zona, cun carril afectado, pero non foi cortado o tráfico. Foi mobilizado persoal de limpeza de estrada dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. As mesmas fontes sinalou que o camión transportaba deterxente e unha das furgonetas, xamóns.

Como consecuencia deste accidente foron mobilizados, ademais, a Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Lugo e de Vilalba, así como persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.