InicioEconomíaUnha multinacional inglesa amosa o seu inteese por mercar a fábrica de...

Unha multinacional inglesa amosa o seu inteese por mercar a fábrica de Alcoa na Mariña

Alcoa mantense na súa posición de non vender a fábrica de aluminio coas cubas de electrólise operativas.

PUBLICADA O

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confirmou, en base á información facilitada pola Subdelegación do Goberno en Lugo e o Ministerio de Industria, que a multinacional mantivo “varios contactos” cunha empresa interesada en comprar a fábrica de aluminio. Trataríase de Liberty House, segundo concretaron os sindicatos. En principio, a compañía mantense na súa posición de non vender a instalación coas cubas de electrólise operativas. Ademais, rexeita por agora falar da refinería de alúmina.
Zan confirmouno nun xoves no que se celebra unha nova reunión coa dirección de Alcoa, nun restaurante de Lugo, dentro do proceso de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que podería deixar na rúa a 534 traballadores da planta de aluminio ademais de suprimir outros 400 contratos nas empresas auxiliares.
“Alcoa o que di é que non hai nada concreto, pero mentiunos claramente, porque igual non concretaron ningún prezo nin chegaron a acordos definitivos, pero si abriron contactos coa empresa” interesada na adquisición da factoría, lamentou Zan. Máis información no Xornal da Mariña.
+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...