InicioSociedadeXa son once os mortos na residencia de Outeiro de Rei tras...

Xa son once os mortos na residencia de Outeiro de Rei tras o falecemento doutra residente no HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

Outras dúas mortes en hospitais galegos, unha ligada ao brote da residencia DomusVi de Outeiro de Rei (Lugo), elevou a 707 as vítimas mortais en Galicia diagnosticadas con covid-19 desde o arranque da pandemia.

En concreto, as autoridades sanitarias galegas informaron de que perderon a vida unha muller de 92 anos que estaba ingresada no Hospital Lucus Augusti (HULA) e un home de 84 hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Ambos os dous tiñan patoloxías previas e a muller que faleceu no HULA procedía do xeriátrico de Outeiro, que suma un total de once vítimas.

Galicia superou na pasada xornada os 700 falecidos con covid-19. Xa este venres pola mañá, Sanidade informou da morte de dous octoxenarios en Lugo e A Coruña, dous falecementos aos que agora se suman os notificados pola tarde.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...