InicioSucesosAs pílulas encontradas por nenos nun bus en Lugo eran éxtase segundo...

As pílulas encontradas por nenos nun bus en Lugo eran éxtase segundo unha análises

A análise encargada pola Policía Nacional a un laboratorio confirmou que as pastillas atopadas por algúns escolares, e que estaban nun bus en Lugo no que ían nunha excursión, eran pastillas de éxtases.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A análise encargada pola Policía Nacional a un laboratorio confirmou que as pílulas atopadas por algúns escolares, e que estaban nun bus en Lugo no que ían nunha excursión, eran pastillas de éxtase.

Os feitos ocorreron o pasado 22 de setembro, cando cinco menores de 7 anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) despois de entrar en contacto cunhas pastillas brancas que encontraran no interior do autobús no que viaxaban de excursión. Os pequenos pensaron inicialmente que se trataba de caramelos e algún deles chegou a chuchar as pilulas.

Os pais acudiron cos nenos ao centro hospitalario despois de localizar a bolsa que contiña as pílulas e porse en contacto co servizo de emerxencias do 061. En Urxencias de Pediatría, os menores foron sometidos a diferentes controis e permaneceron varias horas en observación.

Ningún do cinco escolares presentaba síntomas. A bolsa foi entregada a axentes da Policía Nacional desprazados ata o HULA co obxectivo de determinar que sustancia contiñan as pastillas. Segundo as primeiras apreciacións dos axentes, poderían tratarse de éxtases (MDMA), e as sospeitas confirmáronse tras a análise toxicolóxica.

As pilulas non tiñan inicialmente aparencia de medicamentos e levaban unha palabra impresa, un elemento que pode aparecer en determinadas sustancias estupefacientes.

A hipótese que se manexou sobre como chegaron as pastillas ao autobús é que puideron ser esquecidas por algún dos usuarios que utilizaron anteriormente o vehículo. Estes transportes son empregados habitualmente para servizos moi diversos, desde desprazamentos particulares e celebracións ata excursións, polo que a bolsa podería quedar no seu interior tras unha viaxe anterior.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...