Falece unha muller tras chocar o coche contra un muro na saída de Lugo

O vehículo botouse da vía na estrada da Fonsagrada. O condutor resultou ferido de gravidade e foi trasladado ao HULA.

Axente de Garda Civil | AXM

EFE | Unha muller de 77 anos faleceu esta mañá nun accidente de circulación á saída da capital lucense pola LU-530. Segundo informaron a Efe fontes dos servizos de emerxencias e da Garda Civil de Tráfico, o coche no que viaxaba botouse da vía e posteriormente bateu contra un muro. 

O sinistro tivo lugar algo antes das 12:00 da mañá deste luns na saída de Lugo pola estrada da Fonsagrada. O vehículo saíuse pola marxe dereita da vía no tramo comprendido entre o centro urbano da cidade de Lugo e a rotonda que dá acceso ao Hospital Lucus Augusti.

A causa do sinistro, os Bombeiros de Lugo tiveron que intervir para excarcerar  dúas persoas que quedaron atrapadas no habitáculo. Segundo confirmou a propia Garda Civil,  o condutor resultou ferido grave e foi trasladado ao HULA.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here