InicioSucesosUn mozo finxía pasear un can para trapichear con droga polas rúas...

Un mozo finxía pasear un can para trapichear con droga polas rúas de Lugo

A Policía Nacional tamén detivo outro home, de 61 anos e con 25 detencións anteriores, por motivos similares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |A xentes do Corpo Nacional de Policía detiveron en Lugo un mozo de 25 anos de idade que, supostamente, utilizaba un can, ao que “simulaba pasear” durante o período de confinamento, para seguir trapicheando con diversas substancias estupefacientes na capital lucense.

Segundo informou a Comisaría Provincial de Lugo, a investigación púxose en marcha en pleno estado de alarma, ao ter coñecemento de que un mozo estaba a dedicarse ao tráfico de substancias estupefacientes no zona da Piringalla.

Simulaba pasear a un can pero ía “deténdose” ao longo do suposto paseo do animal para “contactar con distintas persoas”, a quen lles ía entregando diferentes cantidades de substancias estupefacientes.

A investigación da Policía Nacional permitiu identificar o suposto traficante e propiciou a súa detención, que se produciu onte -día 26 de maio- pola tarde. Os axentes que o vixiaban interviñéronlle dez doses de haxix e dúas de marihuana, ademais de útiles para manipular a droga.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda e o detido quedou en liberdade despois de prestar declaración en dependencias policiais, á espera da súa citación para o correspondente xuízo.

OUTRO PUNTO DE DROGA

Ademais, a Policía Nacional tamén desarticulou outro punto de droga na cidade. Neste caso o proceso iniciouse tras detectarse un aumento da circulación de persoas toxicómanas na rúa Yáñez Rebolo.

A investigación concluíu que un home de 61 anos de idade estaba ao cargo de pases de heroína, que se realizaban a pesar do estado de alarma. O varón, que conta con 25 detencións anteriores, pasou a disposición xudicial xunto cos efectos incautados durante a intervención policia. Entre eles, varias doses de heroína e cen euros en moeda fraccionada.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...