InicioSucesosDetida unha lucense por estafar estudantes de Erasmus con falsos alugueres

Detida unha lucense por estafar estudantes de Erasmus con falsos alugueres

Esta veciña da cidade utilizaba a súa conta para recibir os cargos dos estudantes e derivar ese diñeiro a Nixeria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Funcionarios da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Lugo detiveron unha muller de 64 anos, veciña da cidade e sen antecedentes, por un presunto delito de blanqueo de capitais. Participaba nunha estafa a estudantes de Erasmus con falsos alugueres. Ela utilizaba a súa conta para recibir os cargos dos estudantes e derivalos a Nixeria.

Segundo informan fontes policiais, o fío da investigación partiu de Valencia, onde unha persoa que se dedica ao aluguer de domicilios a estudantes Erasmus alertou de movementos estraños na súa conta. Figuraban varios ingresos por un total de máis de 23.000 euros, que de forma repentina desapareceran da conta. Daquela, denunciou que se “estaban empregando os seus datos para suplantar os contactos e facer alugueres fraudulentos a estudantes”.

No rastrexo do destino deses cartos, os investigadores chegaron ata unha veciña de Lugo, a agora detida, cuxa conta recibía o cobro deses alugueres fraudulentos para logo derivar o diñeiro a Nixeria, onde sería retirado.

De todo isto deuse conta ao Xulgado de Garda, unha vez tomada a declaración á detida, que quedou en liberdade a disposición do que dite a Autoridade Xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...