InicioSucesosUn home que suma 41 detencións comete dous roubos nun bar e...

Un home que suma 41 detencións comete dous roubos nun bar e aproveita a ocasión para tomar algo

O autor do delito actuou dúas veces nunha semana no mesmo establecemento hostaleiro da zona da Milagrosa (Lugo).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este fin de semana o autor de dous roubos con forza nun local hostaleiro da zona da Milagrosa, en Lugo. O home, de 45 anos e veciño da cidade, conta cun historial de 41 detencións anteriores. 

Os roubos, ambos no mesmo local, perpetráronse os días 16 e 20 de xaneiro. Segundo se puido saber tralas investigacións policiais, a primeira vez o home entrou de madrugada no local despois de “forzar a porta e o enreixado de acceso”. Os propietarios, que residen preto do local, escoitaron ruídos no exterior, pero só viron unha persoa que normalmente está na rúa. Recrimináronlle a el o “escándalo realizado na porta do local, onde non se observaron danos”.

Malia iso, cando foron abrir o establecemento á mañá seguinte, decatáronse de que foran vítimas dun roubo con forza, así que avisaron á Policía Nacional para que iniciara as investigacións.

Nesa mesma semana, o 21 de xaneiro, este local volveu ser o obxectivo dos ladróns pero, desta volta, xa se avisou de madrugada á Policía, de maneira que os axentes se presentaron no lugar. Alí, identificaron unha persoa que reside na rúa, tamén imputada nos feitos, xa que se puido “determinar a súa colaboración nos roubos”, segundo fontes policiais.

Logo de continuar coas investigacións e tomar declaracións, procedeuse tamén á detención do autor material dos feitos, quen tería substraído uns mil euros en metálico na primeira ocasión. No segundo roubo, fíxose con só cen euros, pero tamén levou un ordenador portátil. Ademais, segundo asegura a Policía, os implicados no roubo “aproveitaron para tomar diversas consumicións” durante a comisión do delito.

Así pois, o detido pasou a disposición xudicial o sábado pola mañá, onde queda á espera, en liberdade con cargos.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...