Home Lugo e contorna Un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol sofre un accidente en Lugo

Un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol sofre un accidente en Lugo

0
Un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol sofre un accidente en Lugo
Control de alcoholemia | LX

Axentes da Policía Local de Lugo instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria contra un condutor que sufriu un accidente na cidade mentres circulaba cun nivel de alcol catro veces o permitido.

Segundo informou o corpo, o accidente tivo lugar sobre as 7,20 horas do pasado sábado na Rolda de Fingoi, nas inmediacións de Agro da Torna, cando o vehículo se saíu da estrada e atravesou a mediana, chocando contra unha árbore.

O condutor foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que arroxou un resultado positivo de 0,95 mg/l, o que supón case catro veces mais que a taxa permitida, explicou a Policía Local.

+ posts