Home Lugo e contorna Castroverde Un incendio dana unha casa en Montecubeiro (Castroverde)

Un incendio dana unha casa en Montecubeiro (Castroverde)

0
Un incendio dana unha casa en Montecubeiro (Castroverde)
Unha unidade dos servizos de emerxencia | Xunta de Galicia

EFE.- Unha vivenda de Montecubeiro (Castroverde) resultou afectada por un incendio na mañá deste mércores 31 de xullo. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

O lume provocou danos de consideración nunha casa no concello de Castroverde, segundo informaron a Efe fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia ( CIAE). En concreto, tratábase dun inmoble do lugar de Foxos, na parroquia de Montecubeiro. Foi un particular quen alertou ao 112 de que estaba a arder o tellado do edificio a iso das sete e media da mañá.

SUCESO NA MARIÑA

No concello do Ourol, outra vivenda quedou arrasada polas chamas. Neste caso, unha anciá de 93 anos resultou ferida tras ser evacuada pola fiestra da casa onde se declarara o incendio. Podes ler a información completa relativa a este suceso no Xornal da Mariña.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here