InicioSucesosPlataforma Feminista di que o asasinato machista de Vilalba proba a ineficacia...

Plataforma Feminista di que o asasinato machista de Vilalba proba a ineficacia ordes afastamento

A Plataforma Feminista de Lugo convocou para esta tarde, a partir das 20:00 horas, unha concentración de "protesta".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Feminista de Lugo considera que o asasinato de Carmen Vázquez Cereijo, a muller de 47 anos que foi acoitelada presuntamente polo seu marido en Vilalba, veu a demostrar unha vez máis que as ordes de afastamento decretadas polos xulgados son “ineficaces” para protexer ás vítimas da violencia machista.

En declaracións a Efe, a portavoz da plataforma, Ana Torrón, asegurou que casos como o de Vilalba poñen de manifesto que as ordes de afastamento, se non van acompañadas doutro tipo de medidas de protección, “non serven absolutamente para nada”.

A Plataforma Feminista de Lugo convocou para esta tarde, a partir das 20:00 horas, unha concentración de “protesta pola recente onda de feminicidios e, en especial, polo de Carmen”.  Unha concentración coa que tamén pretende reivindicar a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo, dado que é a única provincia galega que aínda non conta con este servizo.

“A necesidade está máis que justificada, por desgraza”, dixo Ana Torrón, “por tanta violencia como estamos a ver”. Desde o seu punto de vista, a creación dese xulgado é “absolutamente necesaria”, polo que esta plataforma, que “non depende de ningún partido”, non se vai a limitar a partir de agora “a gritar na rúa” para reclamar a súa creación, senón que “grazas á unión de máis compañeiras utilizará outros medios, como iniciativas ante as institucións, para conseguilo”.

Este colectivo tamén reclama máis medios “humanos, económicos e tecnolóxicos para conseguir a necesaria eficacia das ordes de afastamento, así como que se poña en marcha un programa de formación en materia de xénero para avogados e xuíces”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...