InicioTerra CháCospeitoMorre un veciño de Rábade nunha colisión no Alto da Gañidoira (Muras)

Morre un veciño de Rábade nunha colisión no Alto da Gañidoira (Muras)

Os bombeiros excarceraron a catro persoas, unha das cales faleceu no lugar – Outra menor quedou ferida a consecuencia dun accidente en Cospeito

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persona faleceu e tres resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste mércores ao chocar dous vehículos no Alto da Gañidoira no termo municipal de Muras (Lugo).

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, a Garda Civil de Lugo e a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 9.00 horas no quilómetro 24 da estrada LU-540 na zona do Alto da Gañidoira.

En concreto, indicou o 112, este choque sucedeu na baixada do Alto da Gañidoira, na estrada de Vilalba a Viveiro, en dirección á segunda localidade luguesa.

O servizo de emerxencias apuntou que no lugar había pouca visibilidade por mor da néboa e o sinistro provocou retencións nese punto.

Foron mobilizados o 061, que desprazou ao momento unha ambulancia medicalizada e dous asistenciais ademais dun médico de Atención Primaria; a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Vilalba.

Os bombeiros indicaron que un dos vehículos quedou envorcado e esnaquizado e na súa parte traseira estaba a persona falecida atrapada, un home de mediana idade de Rábade. En total, catro persoas foron excarceradas, dous en cada automóbil implicado; o home faleceu no lugar do sinistro, mentres que a persoa acompañante e mailo matrimonio –de Xove, da parroquia de Rigueira– que viaxaba no outro vehículo foron evacuados.

Unha menor ferida en Cospeito

Outro accidente en Sistallo, Cospeito, deixou unha menor ferida. Foi a consecuencia da saída de vía dun vehículo no tamén viaxaban a nai e outro neno, ámbolos dous ilesos. O suceso produciuse no punto quilométrico seis da LUP-6501.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...