InicioSociedadeLabores de mantemento no encoro dos Peares condicionan as rutas en catamarán

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan as rutas en catamarán

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar unha cota mínima prevista de 186,5 metros. Esta circunstancia condiciona a navegación dos catamaráns da Deputación de Lugo polo río Miño que parten do embarcadoiro de Belesar, no Saviñao

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo informa de que a empresa Naturgy, concesionaria da explotación da Central Hidráulica dos Peares, ten previsto levar a cabo diferentes traballos de mantemento que requiren un descenso temporal do nivel do encoro dos Peares entre os meses de outubro e decembro deste ano.

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar unha cota mínima prevista de 186,5 metros. Esta circunstancia condiciona a navegación dos catamaráns da Deputación de Lugo polo río Miño que parten do embarcadoiro de Belesar, no Saviñao. Polo que, atendendo aos criterios de seguridade, non será posible realizar inicialmente as viaxes previstas para os días 12, 17 e 18 de outubro.

Entre esas datas, a Deputación ofrecerá ás persoas que xa tiñan reserva e prerreserva desa ruta fluvial a posibilidade de cambiar o seu billete á ruta polo Sil, desde o embarcadoiro de Ponte do Sil, sempre que exista dispoñibilidade de prazas.

A situación das rutas polo Miño será obxecto de seguimento continuo durante as próximas semanas. En concreto, nas fins de semana do 24 e 25 de outubro e do 30 de outubro e 1 de novembro, Tragsa –que é a empresa concesionaria do servizo provincial- analizará a cota de auga para avaliar as condicións de navegación e adoptar as decisións correspondentes.

Horarios durante o mes de outubro

As rutas fluviais da Deputación de Lugo ofrecen dous percorridos pola Ribeira Sacra: a Ruta Fluvial Canón do Sil, con saída do embarcadoiro da Ponte do Sil, en Monforte de Lemos, e a Ruta Fluvial Cabo do Mundo, con saída de Belesar Pobo, no Saviñao.

A tempada está prevista inicialmente ata o 8 de decembro, con diferentes frecuencias segundo a época do ano. Durante o mes de outubro, a ruta polo Sil funciona de mércores a domingo, con saídas ás 11:30 e ás 16:30 horas no catamarán Mencía, mentres que as fins de semana se incorporan tamén saídas ás 11:00 e ás 16:00 horas no Canón do Sil. A ruta polo Sil conta con dúas embarcacións, cunha capacidade conxunta de 159 prazas, mentres que o catamarán Pelegrín, que realiza a ruta polo Miño, dispón de 63 prazas.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre as rutas e realizar reservas poden consultar a web https://reservas.rutasembalses.es, enviar un correo electrónico a catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou chamar ao 982 26 01 96, en horario de 9:00 a 20:00 horas, de luns a domingo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...