InicioSociedadeCancelación total de débedas: Xulgado de Lugo libera a unha muller de...

Cancelación total de débedas: Xulgado de Lugo libera a unha muller de 34.500 euros

A sentenza exime á debedora de pagar aos acredores tras demostrar a imposibilidade de afrontar as débedas acumuladas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo exonerou as débedas por valor de 34.500 euros dunha muller que avalou varios préstamos á súa exparella. O negocio non funcionou e tivo que pechar, o que levou a que varios préstamos quedasen sen pagar, algúns deles avalados pola muller.

Desta forma, ela converteuse na parte responsable do pago das débedas, pero cos seus ingresos non podía facer fronte a elas. “Demostrando que os préstamos non se acumularon por culpa da debedora ante un xulgado, é posible solicitar a cancelación de toda a débeda nun concurso de acredores”, explicou Pepe Domínguez, avogado da Asociación de Axuda ao Endebedamento.

Por iso, comunicaron ao Xulgado que a debedora non tiña forma de pagar todo o que debía, o que iniciou un período de negociación ‘preconcursal’. Isto eximiuna de pagar a todos os acredores durante uns meses. Con esta sentenza, detallou a Asociación, os acredores do concursado “non poderán reclamar ningún pago máis nin incluír en ficheiro de morosos” á xa ex-debedora.

+ posts

ÚLTIMAS

Ximena Cheda presenta a súa candidatura para encabezar Podemos Lugo nas municipais

A portavoz do Círculo de Podemos Lugo, Ximena Cheda, anunciou a súa candidatura para...

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...