InicioSociedadeOuteiro de Rei avanza na seguridade viaria coa nova glorieta na N-6

Outeiro de Rei avanza na seguridade viaria coa nova glorieta na N-6

A nova glorieta, financiada polo Ministerio de Transportes, busca optimizar a intersección e garantir unha circulación máis segura e eficiente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, supervisou este venres as obras da nova glorieta que se está construíndo na intersección do quilómetro 513,670 da N-6, no concello de Outeiro de Rei.

Na súa visita á zona estivo acompañada polo alcalde, José Pardo. Trátase dunha actuación financiada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana cun custo de 405.485,86 euros.

A subdelegada explicou que “a intervención consiste na transformación en glorieta da actual intersección en ‘T’ da estrada N-6 coa estrada autonómica LU-115, o que mellorará a súa funcionalidade ao resolver os importantes movementos de xiro que alí se realizan”.

Coa glorieta, búscase incrementar a seguridade viaria da zona, facilitando todos os movementos e permitindo reducir a velocidade media do tráfico ao seu paso pola travesía de Outeiro de Rei, dispondo, ademais, de novos cruces peonís seguros no tres accesos á mesma.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...