InicioAncaresAs NogaisCortan a A-6 por nevadas nas Nogais e prohiben os camións na...

Cortan a A-6 por nevadas nas Nogais e prohiben os camións na autovía en Pedrafita

Ademais da A-6, tamén se viu afectada a LU-633, da rede de estradas da Xunta, entre os puntos quilométricos 0,0 e 19, en ambos os sentidos, en Pedrafita do Cebreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil cortaron a autovía A-6 á altura de Doncos, nas Nogais, debido ás nevadas que regresaron nesta xornada ás zonas de montaña de Galicia.

A circulación nesta vía de conexión coa meseta xa presentaba dificultades pola neve e os camións e vehículos articulados tiñan prohibido atravesar Pedrafita do Cebreiro, ao que agora súmase este corte.

O corte na autovía sitúase a uns 10 quilómetros de Pedrafita. Ademais, xa nevou con forza en Becerreá e xa en Baralla, a uns quilómetros 30 de Lugo, xa había avisos da Garda Civil para prohibir o paso dos camións.

Ademais da A-6, tamén se viu afectada a LU-633, da rede de estradas da Xunta, entre os puntos quilométricos 0,0 e 19, en ambos os sentidos, en Pedrafita do Cebreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...