Home Sociedade Lugo comeza a semana con menos casos Covid

Lugo comeza a semana con menos casos Covid

0
Lugo comeza a semana con menos casos Covid
Proba de Covid nunha farmacia | Rosa Veiga - Europa Press

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 aumentan a 449 no conxunto de Galicia, que supoñen 40 máis que os rexistrados o sábado, mentres que os casos activos frean a tendencia ascendente e baixan a 8.853, que implican 584 menos, tras rexistrarse 482 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 30 por cento en Galicia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo –Sanidade non os actualizan desde o sábado–, recollidos por Europa Press, seguen 15 pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia e increméntanse a 434 os hospitalizados noutras unidades –40 máis--, mentres que 8.804 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o luns 6 de xuño, había 462 ingresados, 23 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, na de Lugo mantéñense dous pacientes Covid en UCI e increméntanse a 41 os ingresados noutras unidades –dous máis--.

MENOS CASOS ACTIVOS

Despois de cinco xornadas consecutivas de aumento ata o sábado pasado, os casos activos frean a tendencia ascendente e baixan a 8.853, que supoñen 584 menos que os rexistrados hai dous días –os domingos Sanidade non actualiza datos–, ao haber nas dúas últimas xornadas máis altas (1.722) que novos contaxios (1.141), ao que se suman tres falecementos. O luns anterior, 6 de xuño, había 8.065 infeccións activas. O descenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, con Lugo con 59 casos menos e sumando e baixando a 886 contaxiados na provincia.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here