InicioSociedadeVolven subir os casos Covid na provincia

Volven subir os casos Covid na provincia

Houbo 22 novos contaxiados na última xornada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 ascenden lixeiramente a 8.086 no conxunto de Galicia, que supoñen unha vintena máis que a xornada anterior--, tras rexistrarse 786 novos contaxios, mentres que descenden a 460 os hospitalizados por este coronavirus –dous menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 26,6%.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, descenden a 22 os pacientes en UCI pola Covid en Galicia con respecto ao día anterior –un menos– e baixan a 438 os hospitalizados noutras unidades –un menos–, mentres que 7.626 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o martes 31 de maio, había 482 ingresados, deles 26 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na de Lugo, onde baixan a tres os críticos –unha menos– e increméntanse a 44 os doutras unidades –tres máis–.

ASCENDEN OS CASOS

Os casos activos ascenden lixeiramente no conxunto de Galicia ata os 8.086, que supoñen 21 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (786) que altas (760), ao que se engaden cinco falecementos. O martes da semana pasada había 8.508 infeccións activas. Os casos aumentan en Lugo (+22) que sobe aos 872 casos na provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...