InicioSociedadeO drama da guerra de Ucraína chega a Vilalba

O drama da guerra de Ucraína chega a Vilalba

Chamamento "desesperado" dunha familia para salvar da guerra os seus parentes en Járkov.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha familia que reside en Vilalba fixo un chamamento “desesperado” para que se abran corredores humanitarios en Ucraína e poder traer aos pais da muller, dúas persoas de avanzada idade que viven en Járkov.

José Hermida, pai da familia, relatou que os avós da súa filla “son dúas persoas de 70 e 80 anos están en Jarkhov e non se poden mover da vivenda“.

Acredita que os anciáns queren saír de aí, aínda que “o problema é que hai unha persoa discapacitada como o avó que non pode baixar as escaleiras desde un sétimo piso e sen ascensor”.

Hermida puntualizou que, nesa localidade ucraína, “as rúas están esnaquizadas” e non paran de caer bombas que fan practicamente intransitable a cidade.

“É imposible saír a non ser que haxa un corredor humanitario e alguén os poida sacar”, aseverou este veciño de Vilalba, que asegura que no edificio onde residen os seus sogros “só queda a xente que non pode saír”, como os avós da súa filla e outra persoa tamén de idade avanzada.

“A xente nova marchou”, subliñou. “Viven á beira da praza e apenas queda xente no edificio, só quedan esas tres persoas que non poden moverse”, reafirmou.

Sostén que polo momento hai conexións e poden comunicarse cos pais da súa parella, aínda que teme que a situación non se sosteña. “Pódese perder o contacto con eles en calquera momento e en guerra non sabes se seguen vivos ou están mortos”, ha setenciado.

Por tanto, cre que a única solución é a apertura de corredores humanitarios e reclama que o Goberno de España poida traballar para sacar aos avós da súa filla do país invadido por Rusia.

ÚLTIMAS

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de...

PSdeG destaca 1.000 millóns en infraestruturas para Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, e a deputada...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade...

A Rede Museística, referencia do Estado en educación e investigación nos museos

'Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento...