InicioSociedadeLugo triplica a cifra de mortos nas estradas o pasado setembro con...

Lugo triplica a cifra de mortos nas estradas o pasado setembro con respecto a hai un ano

Morreron tres persoas, fronte a unha persoa falecida hai un ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sinistralidade viaria descendeu o pasado mes de setembro tras concluír con catro mortos en catro accidentes de tráfico, un 60 por cento menos, fronte ás 10 vítimas en 10 sinistros no mesmo período de 2020.

Así se desprende dos datos facilitados este venres pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en relación cos accidentes ocorridos en vías interurbanas de Galicia durante setembro de 2021.

En concreto, a maior redución produciuse nas provincias da Coruña e de Ourense, que non rexistraron vítimas mortais o pasado mes, mentres que no mesmo período de 2020 tiveron tres.

Pola súa banda, na provincia de Pontevedra pechouse setembro cun falecido nun accidente, fronte ao tres vítimas en tres sinistros do mesmo mes de 2020, o que supón un 66,7 por cento menos.

Na única provincia que aumenta é na de Lugo, que rexistrou tres falecidos nun accidente de tráfico, fronte a unha vítima nun sinistro no mesmo mes do ano pasado.

En relación co tipo de accidentes mortais rexistrados en vías interurbanas galegas, a DXT indica que dos cuarto accidentes, dous foron saídas de vía, un atropelo e un envorco. En canto á idade do catro vítimas mortais, unha tiña entre os 15 e 24 anos; outra, entre 35 e 44; outra, entre 45 e 54; e outra era maior de 65 anos.

XANEIRO-SETEMBRO

No que vai de ano, entre xaneiro e setembro, as vías interurbanas de Galicia rexistraron 53 falecidos en 49 accidente, cinco vítimas máis que no mesmo período de 2020, no que houbo 48 mortos en 46 sinistros.

No que vai de 2021, ata o peche de setembro, rexistráronse 21 vítimas mortais en 21 accidentes na provincia da Coruña e 18 falecidos en 14 sinistros na de Pontevedra.

Pola súa banda, na provincia de Lugo houbo nove falecidos en nove accidentes de tráfico e na de Ourense cinco mortos en cinco sinistros de circulación no que vai de ano.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...