InicioSociedadeDetectados 16 novos casos de Covid para un total de 207 na...

Detectados 16 novos casos de Covid para un total de 207 na área sanitaria

Once persoas están ingresadas nos hospitais de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas notifica 207 casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo, catro máis ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas detectáronse 16 novos positivos, o que supón un aumento respecto do día antes, no que só se confirmaran catro.

Nos hospitais da provincia hai 11 persoas ingresadas con coronavirus: catro na Uci do HULA e sete en planta (tres no Hula, dúas na Mariña e outras dúas en Monforte).

Dende o inicio da pandemia cóntanse 212 vítimas mortais da Covid-19 en Lugo, 11.887 persoas curadas e 218.332 probas PCR efectuadas.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...