InicioSociedadeO Sergas notifica un incremento de casos activos e contaxios na provincia

O Sergas notifica un incremento de casos activos e contaxios na provincia

Hai dez persoas hospitalizadas na área lucense, unha menos ca na xornada anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Na área sanitaria de Lugo hai 189 pacientes con infección activa por coronavirus. Son 16 máis ca os notificados na xornada de onte polo Sergas. Ademais, a provincia tamén experimenta unha repunta na cifra de contaxios detectados, pois nas últimas 24 horas confirmáronse 23 positivos novos.

En canto á situación nos hospitais, hai unha persoa ingresada menos. Así, quedan 10: 7 en planta (4 no Hula, 2 na Mariña, 1 en Monforte) e 3 na Uci do Hula.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas diagnosticadas de Covid-19 en Lugo, curáronse 11.849  e realizáronse 215.742 probas PCR.

GALICIA

A tendencia ascendente de casos activos é común a toda Galicia, que tamén ve como aumenta a presión nas Unidades de Coidados Intensivos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...