InicioMovementos sociaisDenuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do HULA o pasado venres 13 de marzo pola tarde.

A denuncia inclúe o feito de que os e as pacientes esperan nos corredores, moitos en padiolas e durante horas. Como “un paciente que agarda ingresar nunha unidade de hospitalización desde as 6 da mañá”.

Desta maneira, o corpo de celadores e celadoras sinala que “en ningún caso pode dicirse que esta sexa unha asistencia sanitaria de calidade por moito que o señor conselleiro e a xerencia do hospital de empeñen”.

Reclaman espazos adaptados, medios materiais e máis persoal. Nese sentido apuntan que “mentres todos estabamos traballando arreo, o persoal médico amoreábase diante do noso estar agardando por un celador dispoñible”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...