InicioSociedadeO PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

Elena Candia reclama dez días máis para garantir a participación cidadá ante a "complexidade" do documento técnico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local, formado por PSOE e BNG, que amplíe o prazo de presentación de alegacións ao Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS). A portavoz municipal, Elena Candia, reclamou unha prórroga de dez días hábiles co obxectivo de que os veciños e colectivos poidan estudar con detalle un documento que condicionará o futuro da cidade.

Tras celebrar sete reunións informativas en diferentes barrios, o PP asegura detectar un elevado interese, pero tamén “inquietude e malestar” polas consecuencias do plan no comercio e na circulación. Candia cualificou o PMUS como un texto “amplo e complexo” que expón cambios relevantes en tráfico, transporte público e estacionamento, polo que considera que o prazo actual é insuficiente para unha análise profunda.

Entre as “incoherencias” detectadas polos populares, destacan a proposta de peonalizar a rúa Doutor Ochoa, vía de acceso ao PAC da Residencia, o que podería afectar á rapidez dos servizos de emerxencia. Así mesmo, o PP sinala que, malia as matizacións do goberno, algunhas actuacións como as de Camiño Real ou Tino Grandío xa están moi avanzadas. O grupo continuará coas súas reunións informativas este luns en San Roque e mañá cos servizos de emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...