InicioSociedadeA Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

A institución provincial achega 12.000 euros á programación dunha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia que comezará co pregón o 25 de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, participou este luns na Catedral de Lugo na presentación da programación da Semana Santa de Lugo 2026, que este ano contará con 12 procesións e coa colaboración económica da institución provincial. A Deputación achega 12.000 euros á Xunta de Confrarías para apoiar esta celebración relixiosa e cultural de gran tradición na cidade, declarada Evento de Interese Turístico de Galicia e que aspira tamén a obter o recoñecemento a nivel nacional.

Durante o acto, Rivera destacou que esta celebración “é unha festa de devoción, pero tamén un encontro familiar e unha oportunidade para atraer visitantes e impulsar o turismo experiencial e cultural”. O deputado tamén puxo en valor o labor das confrarías lucenses, ás que agradeceu o esforzo que realizan ao longo de todo o ano para facer posible unha celebración que mobiliza a centos de persoas e visitantes.

PROGRAMACIÓN DA SEMANA SANTA

A programación arrincará o 25 de marzo coa lectura do pregón na Igrexa A Nova de Lugo, que correrá a cargo de José Antonio Roldán. Ao día seguinte, o 26 de marzo, celebrarase o II Concerto de Música Tradicional Galega nas Marchas Procesionais no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo. O 27 de marzo terá lugar o solemne Vía Crucis na praza Pío XII e na Catedral, presidido polo bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, no que o paso do Cristo da Compaixón será portado por 40 mulleres. O 28 de marzo celebrarase o IX Concerto de Música Sacra na Igrexa de San Pedro de Lugo a cargo da Banda Filarmónica de Lugo.

DO DOMINGO DE RAMOS Á PASCUA

As procesións comezarán o 29 de marzo, Domingo de Ramos, coa Borriquita e a Virxe das Dores. Durante a semana sucederanse outras como a da Virxe da Esperanza, o Bo Xesús e o Nazareno, o Santo Cristo do Perdón ou A Nosa Señora da Piedade, ademais da procesión da Santa Cea o Xoves Santo. O Venres Santo será a xornada con máis actos, coa Paixón do Señor, o Desencravo, o Santo Enterro e a Virxe da Soidade. A celebración culminará o Domingo de Pascua co Santo Encontro, a Misa Pontifical de Resurrección e a procesión do Cristo Resucitado, pechando así unha semana que cada ano atrae a numerosos visitantes á capital lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...